Vigo al minuto

Abertas 15 camas no Cíes para tentar rematar co caos en Urxencias do Xeral e Meixoeiro

O Servizo Galego de Saúde (SERGAS), ven de habilitar 15 camas no hospital Cíes para ingresar a outros tantos pacientes co obxectivo de afrontar o caos nas Urxencias, tanto do Xeral como do Meixoeiro,-que onte o presidente Feijóo atribuiu á gripe, ainda que datos oficiais do Goberno do Estado indican que ten unha incidencia tres veces menor que hai un ano-.

O Cíes, hospital de ciruxía ambulatoria, para intervencións que so precisan ingresos por unhas horas, e que está pechado os fines de semana, tivo que habilitar o persoal necesario:  médicos, enfermeiras, auxiliares ou celadores.

Ainda así, o persoal denuncia que esta medida non é efectiva xa que o caos en Urxencias con ata 9 horas de agarda e, nalgún caso 13 e 14ten que ver “cos recortes en persoal e o peche de camas”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.