Galicia Video

Feijóo afirma que Galicia anticipouse a crise e que «empeza a crear emprego»

O presidente da Xunta asegurou este mércores no seu discurso de fin de ano-emitido dende oCentro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), no Porriño- que Galicia empeza a crear emprego dado que se»soubo anticipar con terapias apropiadas«, cando aínda se dicía que a «crise era ficticia» e sabe agora «aproveitar os indicios do resurximento, cando algúns aínda se empeñan en ver un panorama sen esperanza». «A nosa é unha esperanza fundada: en feitos e realidades froito do esforzo, a constancia e a perseveranza»

O presidente do Goberno sinalou aos galegos como artífices do «xiro» económico de Galicia e salientou que  que   nos «transos máis aciagos» Galicia «non parou de esforzarse, de investigar, de estudar e de emprender». «Galicia atravesou unha crise, pero a nosa forma de ser e de facer nunca estivo en crise».

O presidente Feijóo sinalou que a Galicia que estaba «nunha nación que arrastraba un problema de déficit» é agora a que controlou as súas contas durante seis anos nunha España que «repeleu o rescate»; pero tamén unha das comunidades que «menos» aumentou a súa débeda, que aspira a crecer un 2 por cento o próximo ano, e que «está empezando a crear emprego».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.