Galicia

70.000 traballadores galegos non cobran o salario mínimo, 54.600 deles son mulleres

Segundo unha enquisa divulgada este luns polo Instituto Galego de Estatística (IGE)– baseada en datos oficiais do Ministerio de Emprego e Seguridade Social54,9% dos asalariados galegos con xornada parcial gañou en 2013 menos de salario mínimo, é dicir, menos de 638 €, unhas 64.000 persoas, máis outras 5.100 que, ainda que teñen xornada a tempo completo, tampouco chegaron a ingresar eses 638 € mensuais.

A meirande parte de todos eles, 54.600, son mulleres, que non chegan a cobrar o salario mínimo, mentres que están na mesma situación 14.900 homes.

Preto do 30% dos empregados a tempo parcial- uns 35.000- cobraron entre 638 e 983 €; un 15% -uns 9.500- cobrou máis de 938 € ao mes. En Galicia, o ano pasado o 24,2% das mulleres tiña un traballo a tempo parcial mentres que estaban na mesma situación un 5,6% dos homes.

A porcentaxe de asalariados con xornada completa representaba en 2013 o 84,9% do total de asalariados en Galicia, é dicir 659.600 traballadores do total de 777.000 asalariados -os 117.400 restantes eran a tempo parcial-.

O 20,4% dos traballadores a xornada completa ingresou menos de 1.217,4 € ao mes -case 135.000-; o 40,3% entre 1.217,41 e 1.819,63 €- en total 266.100- ; mentres que o 39,2% restante cobrou máis de 1.819,6 € mensuais -258.800 persoas-.

Segundo o sexo, o 17,5% dos homes recibiu un salario inferior aos 1.217,41 € mensuais en 2013; o 41% gañou entre 1.217,41 e 1.819,63; e o 41,5% percibiu máis de 1.819,63 €. Entre as mulleres, a porcentaxe incluída no primeiro dos intervalos -menos de 1.217,41 €/mes- era do 46,2%.

 

También te puede interesar