RGPD - Cookies
Comarcas

Retómase o operativo para atopar aos dous mariñeiros desaparecidos no ‘Paquito II’

Salvamento Marítimo continua, dende primeira hora deste venres,a busca dos dous mariñeiros desaparecidos do ‘Paquito II’, afundido fronte ás costas de Corrubedo hai xa dez días, ampliando a área de rastrexo tanto ao norte-ata Punta Insua- coma ao sur-ata a illa de Sálvora-.

Segundo fontes de Salvamento, hoxe participan na busca a Salvamar Sargadelos, o buque da Xunta Paio Gómez Chariño e tres patrulleiras da Garda Civil; por aire, durante a mañá traballará o helicóptero Helimer 215, de Salvamento Marítimo, mentres que pola tarde está previsto que saia o helicóptero Cuco, da Garda Civil. Por terra continuarán o operativo voluntarios de Protección Civil de Boiro e Ribeira, pola liña de costa.

 

También te puede interesar