Vigo al minuto

As Urxencias do Xeral, ateigadas

Tal e como veñen de denunciar os traballadores, á hora de redactar esta información, había en Urxencias do Hospital Xeral máis de 50 persoas- entre aquelas que xa están nos boxes, as salas de agarda e en padiolas nos corredores.

Os traballadores sinalan, ademáis, que a quinta planta do hospital está “bloqueada”, posto que nela pecháronse 25 camas, feito que se suma á baixa ocupación do mesmo que, subliñan, ten relación coa baixada da actividade cirúxica nestas datas, e pola decisión da Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) de non sustituir ao persoal que está de baixa ou que colleu vacacións, de xeito que, indica o persoal, “usa as prantas pechadas para tapar as ausencias noutros servizos”.

O persoal acusa, directamente, aos responsables do Servizo Galego de Saúde (Sergas) en Vigo de non querer reforzar os servizos que o precisan e de non abrir os que están pechados, o cal acelaeraría a atención en Urxencias.

 

También te puede interesar