Ciencia y Tecnología

Según unha enquisa do SUP, preto do 90% dos policías di que non ten chaleco antibalas

Segundo informa o Sindicato Unificado de Policía (SUP), o 86% dos 444 axentes enquisados polo sindicato, tras a morte da axente Vanessa Lage en Vigo, no atraco no que resultou ferido un subinspector, afirma non ter “chalecos antibalas nin anticoitelos de asignación individual”.

O sindicato sinala que na enquisa realizada entre os propios axentes do equipo da Comisaría de Vigo-Redondela e na que puideron participar, tamén axentes destinados noutras dependencias, “co fin de coñecer de primeira man, a opinión de todos eles”, os policías contestaron a unha veintena de preguntas relacionadas coa seguridade laboral.

Nela, un 75,5% dos enquisados di que non existen chalecos colectivos en todos os vehículos policiais da súa Comisaría, mentres que un 80% afirma que os existentes non son “operativos”. Ademáis, o 98% afirma que non se lles dan “os medios de protección axeitados” por parte da Dirección da Policía Nacional, e o 97% di que se lles debería facilitar un chaleco, un casco e unha funda antifurto”.

Á vista dos resultados da enquisa, o SUP-Galicia seguirá coa súa iniciativa de presentar un escrito-denuncia ante a Fiscalía de Vigo que ten como obxectivo que “un órgano xudicial independente, investigue se existían eses chalecos e, de ser así, se aclare o motivo polo que non foron repartidos e o tempo que levaban almacenados”.

 

También te puede interesar