RGPD - Cookies
Video

Saiu o Gordo, e algo caeu en A Coruña, Carballo e Lugo

A Coruña, Carballo y Lugo, son algunhas das localidades nas que caeu o ‘Gordo’ de Nadal deste 2014 , o 13.437, que foi o que máis tardou en sair da historia do sorteo. Hai que lembrar que o Gordo xa tocara na bimilenaria cidade das murallas hai hoxe 38 anos. Podes consultar se tes algún premio premendo aquí.

Ademáis, o número 92.845 , o segundo premio do Sorteo Extraordinario de Lotería de Nadal, dotado con 1.250.000 € á serie, foi vendido en 12 concellos galegos, As Pontes, Ponteareas, Cee, dous administracións de A Coruña, Carballo, Vedra, Lugo, Becerreá, dous administracións de Vigo, Cambados, A Estrada e Pontevedra.

Pola súa banda, o 74.012, agraciado con un dos oito quintos premios, dotado con 60.000 € á serie, foi vendido en parte en Vigo, Pontevedra e Bande.

O Sorteo Extraordinario de Nadal reparte este luns 22 de decembro 2.240 millóns de euros en premios e os agraciados co ‘Gordo’ recibirán 400.000 € ao décimo, con 640 millóns de euros a repartir con este premio principal.

Por primeira vez, Lotarías e Apostas do Estado (LAE) permitirá cobrar no mesmo día os premios do Sorteo de Nadal, a partir das 6 da tarde deste luns…eso sí: ao mesmo tempo tamén cobrará Facenda, exactamente o 20% do que toque.

 

También te puede interesar