Vigo al minuto

O bispo de Tui-Vigo suprime a ‘secta’ dos miguelianos de Oia

O bispo Luis Quinteiro/Tresyuno Comunicación

O bispo de Tui-Vigo asinou este luns un decreto de supresión da Orde e Mandato de San Miguel Arcángel, logo de que o seu líder e fundador, Feliciano Miguel Rosendo da Silva, fose enviado a prisión provisional e sen fianza, imputado por asociación ilícita e abusos sexuais.

Luis Quinteiro sinala que na actualidade esta organización contaba con 26 membros baixo a responsabilidade «directa e inmediata» dun comisario, tras a expulsión do seu fundador por parte das autoridades eclesiásticas. O bispo aduce como motivo da supresión de Orde e Mandato o «grave escándalo causado ultimamente por algúns membros que se deron de baixa».

O bispo manifesta o seu «fondo pesar polo grave escándalo que ultimamente membros desta asociación, que se deron de baixa a raíz do nomeamento do comisario, causaron non só nesta Diocese, en que exerceron a súa actividade, senón en toda España, con grande repercusión mediática».

Quinteiro, logo de lembrar que a secta desenvolveu as súas actividades como asociación privada de fieis dende 2003 e como asociación pública de dereito diocesano dende 2009, subliña que, por esta «causa grave» decretou a supresión da mesma.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.