Galicia

Reclaman ao comisario de Pesca que teña en conta a Galicia, primeira potencia pesqueira de Europa, no reparto da cuota do ano que ven

Descarga de peixe no Porto de Vigo/Tresyuno Comunicación

A Fundación Rendemento Económico Mínimo Sostible e Social (Fremss) remitiu unha carta ao comisario europeo de Pesca, o maltés Karmenu Vella, para reclamar que teña en conta as reivindicacións da flota galega na repartición de Totais Admisibles de Capturas (TAC) e cotas da flota europea para o próximo ano, que os ministros de Pesca da UE terán que negociar na súa última reunión do ano, este luns e martes, días 15 e 16 de decembro.

A Fremss chama á consecución dun “equilibrio entre a sostenibilidad biolóxica” e a “sostenibilidad social e económica” e lembra que as decisións de Bruxelas afectan a Galicia de forma especial por ser “tan dependente da pesca”, como son as concernentes á “pescada, peixe sapo de Gran Sol, ou xurelo e cabala que se capturan en augas do Cantábrico”.

Por iso, chama a atención sobre que Galicia “é a primeira rexión marítimo-pesqueira da UE tanto pola súa flota, emprego xerado como polas descargas de pesca fresca e conxelada”. Así, o sector do mar dálle emprego directo a “máis de 38.000 persoas” e factura “en torno aos 4.700 millóns de euros”.

Así mesmo, remarca que Galicia representa preto do 10% da capacidade pesqueira do conxunto da UE, o número de tripulantes supón preto do 8% do emprego da pesca en Europa, mentres que “estudios publicados pola Comisión Europea destacan que nalgunhas zonas pesqueiras de Galicia a dependencia da actividade pesqueira supera o 50% do total de ocupados”.

 

También te puede interesar