Vigo al minuto

O Rastro Portovello chega o sábado ás rúas viguesas

Imagen Facebook Rastroportovello

O sábado, 13 de decembro, acontece unha nova edición do Rastro Portovello, un mercado de segunda man e artesanía que ten lugar no casco vello de Vigo, os segundos sábados de cada mes. O vindeiro sábado, día 20, haberá un Rastro Especial Nadal.

Os cidadáns, que se acheguen ás rúas do Triunfo, Joaquín Yáñez, Palma, Oliva, Praza da Igrexa, Praza da Pedra e Praza dos Descubrimentos, poderán atopar roupa e zapatos, libros, vinilos, obxectos de decoración, así como artesanía, cosmética natural ou instrumentos musicais. Ademais, ata o sábado, día 13, permanece en activo o Bazar Solidario de Aldeas Infantiles SOS Galicia. O evento sitúase na Estación marítima de Vigo, dende as 11 ata ás 21 horas.

Na tarde do venres, os vigueses poden optar por unha sesión familiar de contacontos infantís, Babamor, ás 18 horas, no Café de Catro a Catro. Para os amantes da boa música, arranca o Festival Gospel Galicia, que ofrecerá Soweto Gospel Choir, no Centro Cultural Afundación, ás 20:30 horas, dende 16,20 €.

El Lago de los Cisnes. Imagen: danzaballet.com

Unha hora máis tarde, comeza o espectáculo de ballet, El Lago de los Cisnes, no Auditorio Mar de Vigo, a cargo do Ballet Nacional Ucraniano de Odessa, a partir dos 30€. Non pode faltar a dosis de baile na rúa, co Flashmob de Nadal 2014, ás 18:45 horas, detrás del Museo de Arte Contemporáneo de Vigo, MARCO.

Entre as actividades da fin de semana, destaca o Festival de curtametraxes, animación e documental Consecuencias, o venres e sábado, ás 19 e 18 horas, respectivamente, no Auditorio Municipal do Concello, 1€ por sesión. Destacar a maiores, a pista de patinaxe sobre xeo en Samil, aberta ata xaneiro, de 11 a 14 horas e de 16:30 a 23 horas, sábados, domingos e festivos, a 6 € por hora. De luns a venres, o horario é de 16:30 a 23 horas.

En canto ao sábado, comenzan os obradoiros de improvisación teatral, para nenos a partir de 6 anos. As inscripcións realízanse no correo [email protected] ou no telefono 986-439-799. Media hora máis tarde, o Teatro Afundación Vigo acolle a obra, Pinocho, musical, para rapaces dende os 3 anos. As entradas están á venta en servinova ou no 902-504-500, dende 11,70€.


O domingo, no Auditorio Mar de Vigo, estará en activo o parque infantil de nadal, de 11:30 a 13:30 e de 16 a 20 horas. A entrada é gratuita, mediante invitación a recoller na billeteira do auditorio hasta completar aforo. Na mesma localización, ás 17 horas, será o encontro de bandas infantís. Os pequenos poderán disfrutar a maiores, do espectáculo de títeres, Gúlliver en el país de Liliput, ás 18 horas no Auditorio do Concello, cun prezo de 3 €.

También te puede interesar