RGPD - Cookies
Ciencia y Tecnología

Enerxías alternativas, regulación de potencias e novas tecnoloxías para rebaixar o recibo da luz que paga o Concello

Pagar menos de luz e emitir menos CO2 á atmosfera. Estas son dúas das consecuencias das medidas de aforro enerxético que, segundo o concelleiro de Fomento, tomou o Concello dende 2011.

Para elo acometéronse catro proxectos simultáneos: o primeiro deles o ‘apagado selectivo’, baixando a intensidade da iluminación na cidade-que representa máis da metade do total do consumo eléctrico- entre as 11 e media da noite e as 5 da mañá, e que aforrou preto de 3 millóns de kw/h e case 400.000 €, en tres anos.

O segundo, a reducción de potencia consumida coa instalación de novas tecnoloxías en materiais (como as lámpadas led, ou de inducción), na regulación de sinais en túneles ou na rede de semáforos, que supuxo un custo de preto de 2 millóns de kw/ e 280.000 €.

O terceiro, a regulación do encendido en función das horas do día e das rúas da cidade, tendo en conta o tempo de luz natural, que rebaixou os kilowatios consumidos en 450.000 e a factura eléctrica en 190.000 € e, por último, o adianto ou retraso no encendido e apagado da iluminación, que aforrou 10.000 kw/h e algo máis de 43.000 €, en total.

A estas medidas sumáronse outras como a instalación de paneis fotovoltaicos-para aproveitar a luz do sol- en San Paio, Parque Central de Servizos, Pintor Colemiro, Parque Manucas, Doutor Marañón, Martínez Garrido, Aragón, que producen ao redor de 80 Mw/h e evitan a emisión de 72 toneladas de CO2 á atmósfera -o equivalente a 5.200 árbores-.

Instalacións eólicas, situadas en Samil, O Vao, Matamá e o Parque Tecnolóxico, que produden uns20 Mw/h, evitando a emisión de 18 toneladas de CO2, -igual que 1.300 árbores- e, máis recentemente, unha nova instalación xeotérmica no Parque Municipal de Bombeiros de Teis-a primeira nunha dependencia municipal- para dar servizo aos sistemas de calefacción e auga quente, e que permitirá un aforro de entre o 40 e o 45% do total do consumo enerxético desta instalación.

David Regades subliñou, ademáis que Vigo conta hoxe con 46.000 puntos de luz, 5.000 máis que hai sete anos, e explicou que o o 53% do gasto enerxético municipal correspóndese co alumeado público; o 14%, coas instalacións deportivas; o 12% en dependencias municipais; o 10% en centros docentes e escolas infantís, mentres que os túneis e a rede semafórica consumen un 9%.

 

También te puede interesar