Galicia

En Galicia houbo 82 accidentes de tráfico durante a ponte

Na ponte da Constitución e a Inmaculada, o servizo 061 asistiu a 124 persoas por 82 accidentes de circulación nas estradas da comunidade galega, dende as 15 horas do venres, día 5, ata ás 23:59 horas do luns, 8 de decembro. O maior número de atencións por sinistros foi o sábado, con 25 accidentes. A Coruña contabilizou 38 casos, Pontevedra (33); Lugo (6); e finalmente, Ourense (5).

A Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias recibiu 91 chamadas, en relación aos accidentes nas vías terrestes. Estas alertas xeraron 82 asistencias sanitarias, un 75% dos atendidos eran homes; e por idades, o 42% tiña entre os 20 e os 34 anos.

En 109 casos, os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 12 ocasións atendéronse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado, e 3 persoas faleceron no lugar do sinistro. As ambulancias asistenciais acudiron a 94 sinistros, a medicalizada a 6 accidentes, e a convencional a 2 ocasións.

También te puede interesar