Cultura Vigo al minuto

´Consecuencias`, o Festival de curtametraxes, animación e documental en Vigo

Cortometraje ´Casitas`. Imagen Facebook Casitas - short film

Durante 3 tardes, celébrase o Festival de curtametraxes, animación e documental “Consecuencias”os días 11, 12 e 13 de decembro, no Auditorio Municipal do Concello. O evento, organizado por ‘No todo el pescado está vendido’, exhibirá algúns dos traballos máis relevantes realizados en España entre os anos 2013 e 2014.

Os pases comezarán ás 19 horas, os días 11 e 12; e ás 18 horas, na última xornada. A entrada será de 1 € no despacho de billetes do auditorio, que poderán adquirirse a partir das 17:30 horas. Entre os traballos seleccionadas pola organización están Casitas, de Javier Marco; Deil, de David Rodríguez Muñiz; e El hombre de Chernóbil, de Pedro Terrero.

Ademais das proxeccións, o festival oferta 2 propostas paralelas, unha videoinstalación do artista vigués Tayone, durante os tres días; e unha representación da obra “O anel máxico” a cargo do grupo teatral Agarimo, na clausura o sábado, día 13.

También te puede interesar