Vigo al minuto

Este venres, encéndese as luces de Nadal, na Porta do Sol

Na Porta do Sol haberá unha árbore de 26 metros de altura/Tresyuno Comunicación

Este venres, ás 7 da tarde na Porta do Sol-onde se instalará unha árbore de 26 metros de alto- se celebrará o acto formal de acendido da iluminación de Nadal nun acto que contará coa actuación de Wöyza e o seu coro V-GO Negro Son. Xunto á decoración e iluminación, haberá, ao longo destas festas,  60 actividades musicais e de animación pola cidade e 41 actuacións no Auditorio Mar de Vigo, ademais das propostas de ocio como a pista de xeo, Vigolandia, o circo de Nadal e o tiovivo da Porta do Sol. Ademáis, a decoración axardinada que estará presente na Praza da Pedra, Praza da Igrexa, Praza Constitución, Porta do Sol, Principe, Eduardo Iglesias, Velazquez Moreno, Praza Urzáiz, Gran Vía e un abeto no entorno do Mar de Vigo. Haberá tamén un palco ornamental e un bosque de abetos na Porta do Sol e o tradicional buzón real na Praza Constitución do 28 de novembro ao 5 de xaneiro, xunto á organización da Cabalgata de Reis. O carteiro real fará visitas a barrios, asociacións veciñais e bibliotecas entre o 19 de decembro e o 3 de xaneiro. Por outra banda, o Concello levará as panxoliñas ao centros e servicios de persoas maiores como a residencia Santa Marta de Alcabre, Hermanos Misioneros, a residencia de maiores do Meixoeiro e o centro de maiores de Barreiro. Como o ano pasado, se instalará nas inmediacións do farol de Urzáiz unha caseta solidaria onde o Banco de Alimentos recollerá comida e a ONG Vida Digna reunirá xoguetes para as familias con menos recursos. O alcalde agarda que a cidade responda como na edición anterior, cando se sumaron 7.000 xoguetes e 5.000 quilos de alimentos. Programación todo o Nadal Polo que se refire á programación festiva para o Nadal, haberá 60 actuacións musicais e de animación que se celebrarán, da man dos comerciantes, nas Travesas, no Calvario, no centro, en Torrecedeira, en Pi y Margall, en Bouzas, Teis e na zona do Náutico. Ademáis, no Auditorio municipal do Concello, se organiza unha serie de funcións de  teatro familiar e monicreques os días 7, 14 e 21 de decembro, xunto a cinco concertos de Nadal entre o 19 e o 28 de decembro. No relativo ao ocio, estará o Circo de Nadal en Coia (do 19 de decembro ao 11 de xaneiro), o tiovivo na Porta do Sol (28 de novembro ao 5 de xaneiro), a pista de patinaxe sobre xeo (do 28 de novembro ao 11 de xaneiro), a Papanoelada (20 de decembro, con saída en Castrelos ás 16h), o Fotógrafo Minuteiro no Casco Vello, o desfile e o certame de Rondallas (28 de decembro no Pavillón das Travesas), a carpa de actividades didácticas en Teixugueiras e na Praza Cristo da Victoria, en Coia (del 20 de decembro ao 4 de xaneiro), Vigolandia no IFEVI (do 26 ao 30 de decembro) e as chocolatadas e filloadas do 19 ao 24 de decembro en Traviesas, Teis, Príncipe, Praza Portugal, Coia e Praza Independencia. Por último, o Auditorio Mar de Vigo superará as 40 propostas entre o 5 de decembro e o 10 de xaneiro, entre elas:  o 05/12 Concerto de Bustamante;  06/12. Dani e Flo (Humoristas); 07/12. A Varita Máxica (Espectáculo infantil); 08/12. Juan D e Beatriz cos Lunnis (Espectáculo infantil); 12/12. O Lago dos Cisnes (Ballet); 13/12. Concerto de Bob Geldof; 14/12. Encontro de bandas infantís (Espectáculo infantil); 20/12. Concerto da Coral Casablanca; 21/12. A Bela Dormente (Musical infantil); 22/12. María Fumaça_Xiqui xoque fiu fiu (Espectáculo infantil); 23/12. Holly Night (Película Infantil); 26/12. Pedro Volta_O ilusionante (Espectáculo infantil); 26-27/12. Conciertos de Nadal de ACOPOVI (Corales Polifónicas); 28/12. A nena e o grilo nun barquiño (Espectáculo infantil); 29/12. Pedro e o lobo (Espectáculo infantil); 30/12. Concerto de Ano Novo (Música clásica); 02-03-04/01. Panorama Kids (Espectáculo infantil); 09/01. O Cascanoces (Ballet); 10/01. Celtic Leyends (Música celta) e do 6 ao 8, 14, do 20 ao 23, 26, 28, 29 e 30 de decembro, do 2 ao 7 de xaneiro, Parque infantil de Nadal.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.