Galicia

Besteiro acompañará a un enfermo de cancro que precisa 10 horas para tratarse en A Coruña porque non o pode facer en Lugo

Besteiro cun médico de Urxencias

O presidente da Deputación de Lugo acompañará, este venres, a un enfermo de cancro dende o concello de A Fonsagrada hasta A Coruña para recibir o seu tratamento. Xosé Ramón Gómez Besteiro aceptou a invitación da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo para realizar a devandita viaxe, de 400 quilómetros, ida e volta, e unhas 10 horas de duración.

A federación veciñal quere que se visualicen as repercusións de non ter no Hospital Lucus Augusti os servizos, comprometidos polo Goberno galego, de hemodinámica as 24 horas, radioterapia e mediciña nuclear.

O presidente da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo salientou que, ademáis de Besteiro fará a viaxe  o alcalde de A Fonsagrada, Argelio Fernández, que, xunto coa ambulancia, sairán de Lugo ás 10 e media da mañá cara á aldea de Vilagude a recoller ao enfermo. Logo voltarán ao hospital de Lugo, onde a mesma ambulancia recollerá a máis doentes e chegarán ao Oncolóxico de A Coruña sobre as 4 da tarde. Xa alí administrase o tratamento en 10 minutos, “ainda que haberá que agardar a que o reciban todos” para voltar ao Hospital Lucus Augusti, primeiro, e logo A Fonsagrada.

 

También te puede interesar