Galicia

Facenda admite «disfuncións» no cobros dos impostos aos emigrantes retornados

Emigrantes retornados diante da oficina de Facenda en Vigo (arquivo)/Tresyuno Comunicación

O director da Axencia Tributaria de Galicia admitiu que «existen disfuncións«, pero que «afectan a todos os traballadores», en resposta ás preguntas dos deputados, este mércores no Parlamento, sobre as denuncias a emigrantes retornados.

Ulpiano Villanueva asegurou que «non existe discriminación dende o punto de vista legal» para estas persoas, ante a cuestión que lle realizou a deputada do BNG Tereixa Paz este mércores na comisión institucional do Parlamento.

Villanueva puxo un exemplo que, segundo indicou, realizaron técnicos da Axencia baseándose en simulacións co programa ‘Padre’, e segundo o cal viu probado precisamente o contrario: «Habería discriminación se o retornado non tivese obriga de declarar», sentenciou.

A deputada nacionalista replicoulle con outro suposto baseándose no cal un retornado pagaría máis por este imposto que un pensionista que non emigrara, polo que esixiu «evitar distorsións» mediante un cambio legal. Foi nese intre no que o director da Axencia Tributaria recoñeceu as devanditas “disfuncións”, ainda que reiterou que “afectan a todos os traballadores«.

Ulpiano Villanueva reivindicou a «preocupación e sensibilidade» do Goberno galego ante a situación dos galegos retornados «dende o primeiro momento», e subliñou que as súas demandas foron satisfeitas no que respecta á apertura dun proceso de regularización a partir do 1 de xaneiro de 2015 e en canto á devolución de sancións.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.