'Qué te cuentas?'

vigoalminuto súmase ao apoio do Sindicato de Xornalistas a Leticia Vilar

Vigoalminuto súmase ao Sindicato de Xornalistas de Galicia que, este martes, amosou o seu o seu apoio a Leticia Vilar, xornalista e directora de comunicación e TICs da Deputación de Lugo, logo das críticas por parte do PP lucense, que cuestionou a lexitimidade do seu acceso ao posto, nun comunicado enviado aos medios no que asegura que “se converte en funcionarios a persoal de confianza do presidente” do ente provincial, comunicado no que sinalan directamente á xornalista e á súa praza dentro da institución.

Como o Sindicato de Xornalistas de Galicia, vigoalminuto defende que os técnicos de comunicación das administracións públicas deben accedan ás súas prazas mediante procesos regulados, como o que se seguiu con Leticia Vilar, en lugar de empregar un método de designación directa como o sinalado polo PP, que no comunicado defende a función de xornalista é de carácter eventual porque “o seu traballo baséase na confianza”, distinción co resto de técnicos públicos.

Ademáis, este xornal secunda que calquera designación a dedo feita por un dirixente é unha mala práctica democrática e laboral que fará que o profesional da comunicación traballe para os ocupantes conxunturais do poder de feito persoalista.

Por último, vigoalminuto, suscribe, na súa totalidade, a opinión do Sindicato de Xornalistas cando asegura que “os procesos regulados, públicos, abertos e sometidos ao control de comités de empresa e órganos de representación, como foi o caso de Leticia Vilar na Deputación de Lugo, son a mellores excepcións de transparencia e garantía que se lle pode ofrecer á cidadanía”.

 

También te puede interesar