RGPD - Cookies
Galicia

Máis chuvia este domingo

Durante este domingo Galicia continuará baixo a influencia da borrasca centrada ao sur das Illas Británicas, con circulación do oeste. Con esta situación esperan ceos anubrados, con chuvias intermitentes.

Segundo a previsión de MeteoGalicia, as temperaturas continuarán sen cambios significativos, con escasa oscilación térmica e algún ascenso puntual das mínimas. Por cidades, as máximas subirán ata os 15 graos en Pontevedra e Vigo- cunha mínima de 12– mentres que o termómetro baixará ata os 9 graos en Ourense e os 8 en Lugo.

Pola súa banda, os ventos soprarán de compoñente oeste e serán fortes no litoral, e algo máis moderados no interior do país ao longo da xornada.

 

También te puede interesar