RGPD - Cookies
Cultura

102 primaveiras para Francelina

Non podía menos que estar aquí. É dona Francelina Rodríguez Valenzuela, vive no lugar de A Portela, na parroquia de Mourentán, en Arbo, e este sábado cumpre 102 anos. Segundo nos contan, agora co frío, pola mañá está sentada na casa, preto da cociña de ferro, pero pola tarde, se non chove, non perdoa o paseo…pola estrada, eso sí, tendo coidado cos coches.

Francelina ten bo apetito e bebe un vaso de viño nas comidas e, se cadra, chega así de ben aos 102 porque traballou toda a vida, dende que o seu pai morreu aos 34 anos.

Ainda segue a facer cousas na casa, pero con máis calma e o que non sabe e que o sábado ás 5 da tarde, os fillos, netos e bisnetos vanlle facer unha festa de cumpreanos a que están invitados os veciños…para non desvelar o segredo xa nos aseguraron que lle quitaron a Tablet na que lé vigoalminuto.

 

También te puede interesar