Vigo al minuto

Castañas e música no Magosto de Vigo este sábado

Chega un ano máis, o esperado Magosto de Vigo, organizado pola Federación de Peñas Recreativas «El Olivo«, en colaboración co Concello de Vigo. O evento comezará a partires das 18 horas do sábado día 8, na Praza do Berbés, coa repartición das castañas.

A cita estará amenizada coa música de gaitas e baile, do grupo Xuntanza, ás 18 e media. Unha hora máis tarde, a tenente de alcalde, Carmela Silva, será a encargada da lectura do pregón. O acompañamento musical volverá a ter presenza pasadas as 20 horas, coa actuación do Orfeón Mariñeiro do Berbés. O Magosto finalizará ás 21:30 horas.

Na mesma xornada, a Biblioteca Pública Juan Compañel ofrece para os cativos a historia de «O misterio do pirata Benito Soto» ás 12 horas, a cargo de Polo Correo do Vento. A actividade mestura a narración oral e a ilustración, finalizando cun taller de dibuxo de temática pirata. A iniciativa forma parte da campaña de dinamización da lectura, Ler conta moito, da Rede Galega de Bibliotecas.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.