Sucesos

O Tribunal Superior de Xustiza desestimou os recursos do ex líder socialista que terá que declarar como imputado nun delito de prevaricación

Pachi Vázquez, ex secretario xeral dos socialistas de Galicia/Tresyuno Comunicación

A Xustiza decidiu desestimar os recursos presentados polo ex secretario xeral do PSdeG e actual deputado autonómico Pachi Vázquez contra a apertura do seu caso e contra a súa citación, de modo que terá que acudir o mércores a declarar como imputado por «un delito continuado de prevaricación».

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) quere escoitar a súa versión sobre un suposto caso de contratación irregular durante a súa etapa como alcalde do Carballiño, entre 1995 e 2005.

Ante a decisión da Sala do Civil e Penal do alto tribunal galego de admitir a trámite a querela presentada pola Fiscalía, dado que o socialista ourensano é aforado, este presentou un recurso para pedir o arquivo do caso, petición desestimada polo tribunal.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.