Galicia

Os traballadores de Auto Res, en folga este venres

Os sindicatos manteñen os tres días de paro convocados en Auto Res, tras denunciar o despedimento de varias persoas e criticar que a empresa non rectificou a súa previsión de modificación «substancial» das condicións de traballo para o persoal restante.

Os traballadores, así as cousas, irán á folga os días 31 de outubro, 7 de novembro e 5 de decembro. En setembro, segundo indican os traballadores, Auto Res despediu cinco mulleres e un home do servizo de despacho de billetes en Vigo, Ourense e Pontevedra, as funcións da cal, asegura, «foron suplidas con máquinas de venda automática».

Ademais, subliñan, a compañía presentou unha modificación substancial de condicións de traballo, un paquete de 14 medidas económicas que, advirten, supoñen «un recorte dos salarios de entre un 30 e un 40%».

Por último os representantes da plantilla engaden que os centros de empresa en Galicia «terían un tratamento singular» baseándose nestes cambios, distinto do dos resto do Estado, “esta discriminación súmase á que se deu no caso dos seis despedimentos antes mencionados», denuncia.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.