Galicia

A Xunta adxudicou en 2013 un contrato de 11 millóns a Cofely empresa eixe da suposta trama corrupta encabezada por Granados

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) adxudicou, en agosto de 2013, un contrato de 11 millóns de euros con Cofely -empresa eixe da suposta trama corrupta destapada este luns na ‘Operación Púnica’, que tiña como referente ao ex conselleiro da Comunidade de Madrid Francisco Granados-.

Exactamente, o Sergas deu a Cofely a subministración enerxética prestacional e mantemento e conservación de edificios e instalacións de centros sanitarios, con inclusión de servizos de redacción de proxectos, dirección facultativa de obras e coordinación de seguridade e saúde, proxecto cofinanciado pola Unión Europea a través do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

O contrato publicouse o 3 de setembro de 2013 no Diario Oficial de Galicia (DOGA) e este  concurso presentáronse tres empresas, das cales unha foi excluída (Altair Ingeniería e Aplicacións SA). Das outras dúas, Cofely gañou o concurso con 40,4 puntos e Ferroser, que non o obtivo, recibiu 27,51.

 

También te puede interesar