Triplícase o número de familias galegas que non poden comer carne ou peixe cada dous días

O 5,7% dos fogares galegos non pode permitirse un xantar con carne ou peixe cada dous días, unha porcentaxe que subiu un 200% dende o inicio da crise. Son algún dos datos da ‘Radiografía do aforro 2014’, elaborada por kelisto.es, presentada antes do ‘Día Internacional do Aforro’ que é o vindeiro 31 deste mes.

Segundo o informe, o empobrecemento das familias galegas amósase en datos como o número delas que teñen dificultades para chegar a fin de mes- que pasou do 60 ao 71,4% nestos anos-. En concreto, os que teñen moita dificultade medraron un 28%, e aqueles nos que non hai capacidade para afrontar gastos imprevistos a porcentaxe e preto dun 5% maior. Ademáis, o número de familias que teñen que retrasar pagos relacionados coa vivenda aumentou un 2% nos pasados 12 meses.

A elo súmase que Galicia é a terceira comunidade do Estado en  número de familias que non poder sair de vacacións e a número oito no que se refire a aquelas que non poden permitirse manter a casa cunha temperatura axeitada.

 

También te puede interesar