Galicia

Piden 5 anos de cárcere para o director dun banco por apropiarse de 347.000 € dos clientes, en Allariz

En Allariz, o exdirector do Banco Santander Hispano, M.R.V., foi acusado dun delito continuado de falsidade en documento mercantil, beneficiándose de 347.015€ dos clientes, dende 1999 a 2002. O fiscal de Ourense solicita para o exdirectivo 5 anos de cárcere e 6.600€ de multa, ademáis de indemnizar ao banco co diñeiro apropiado xunto a 25.000 € de intereses.

En total, 5 clientes perxudicados que ingresaban os seus cartos en contas a prazo fixo. O exdirector engadía unha parte ao seu patrimonio de forma irregular, ante o descoñecemento dos clientes e da sucursal en 1992, 1998 e no 2002. Segundo a acusación particular, o acusado realizaba os ingresos «ben directamente ou ingresándoo en contas da súa esposa e a nai desta«.

A acusación indica que o exdirectivo, con 23 anos de traballo na sucursal, minimizou os importes descubertos, que alcanzan “os 875.533 €, que foron reembolsados no seu día polo banco aos clientes defraudados e prexudicados”. Por iso, a entidade bancaria pide 6 anos de cárcere, así como devolver ao banco o diñeiro que aportou aos perxudicados con intereses. O xuízo terá lugar en Ourense na Audiencia Provincial o 27 e 28 de novembro.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.