RGPD - Cookies
Galicia

Pontevedra lidera a tasa de paro en Galicia, con 103.800 desempregados

Segundo os datos do Instituto Nacional de Estadística (INE), en Galicia o desemprego caeu en 26.100 persoas, o que supón unha tasa de paro do 20,25%, e un total de 258.300 parados galegos. Por provincias, Pontevedra rexistra o maior número de afectados, 103.800 persoas, cunha tasa do 23,23%.

A continuación, Ourense alcanza un balance do 20,12% (20.120 desempregados); seguido do 18,73% de A Coruña (101.600); e finalmente, un 17,04% de Lugo (26.200). O nivel de ocupación de xullo a setembro, ascendeu 25.800 persoas, situando a cifra anual en 1.017.300 ocupados.

O sector servicios acumula 64.300 parados; industria afecta a 15.500 cidadáns; construcción, 9.900 expedientes; e agricultura, 4.200 galegos. Por idades, o informe reflexa que nun 26,7%, os desempregados teñen de 35 a 44 anos (69.000); cun porcentaxe similar, un 26% oscilan entre os 25 e os 34 anos, (67.100); e no terceiro posto con maior cantidade de desempregados, atópanse os cidadáns de 45 a 54 anos, cun 22,1% (57.200 persoas).

 

También te puede interesar