Vigo al día

Galicia Bilingüe promociona, na entrada dos colexios de Vigo, o videoxogo ‘Trolas da normalización lingüística’

Un dos carteis posto nunha farola á porta dun colexio, este mércores/Tresyuno Comunicación

Galicia Bilingüe está facendo campaña a prol dun videoxogo chamado ‘Trolas da normalización lingüística” e faino na porta dos colexios, entregando propaganda ou pendurando carteis preto da entrada dos mesmos. A líder desta asociación confirmou esta propaganda, neste intre so en Vigo, pero coa intención de que se vea noutras cidades.

O xogo, que vale para todos os públicos, serve para, segundo Galicia Bilingüe, denunciar o que califican de trolas e falsos argumentos do entorno nacionalistas para rexeitar a liberdade lingüística. Para facer o xogo máis atractivo, sortéanse premios entre os participantes.

Hai que lembrar que para esta organización, a inmersión lingüística é discriminatoria cos nenos castelanfalantes e, segundo anunciou nalgunha ocasión “viola o artigo 2 da Declaración Universal de Dereitos Humáns”.

Fixo unha campaña, tamén na entrada dos colexios, para “axudar ás familias galegas a decidir en que idioma estudiarán os escolares” entregando folletos nos que se recomendaba aos país que tivesen en conta a dificultade dos termos en Coñecemento do Medio, a dificultade de comprensión dos enunciados e que era no colexio onde os rapaces aprendían un rexistro culto.

 

También te puede interesar