Vigo al minuto

Unha acampada denuncia os problemas sociais de Vigo e o alcalde asegura que é a cidade que máis inviste en benestar

Acampada na Cruz do Castro, este martes/Tresyuno Comunicación

Denunciar os problemas sociais que teñen as familias da cidade. Ese é o obxectivo da acampada que iniciaron, na Cruz de O Castro, un grupo de integrantes da Rede Solidaria de Vigo, e que supón una continuación da acampada iniciada o pasado 27 de setembro diante da Xunta, e que acabou co desaloxo, “recibindo ordes da Autoridade Portuaria”, por parte de axentes da Policía Nacional.

Os acampados denuncian as diferencias que hai nas cantidades que reciben os vecinos que o necesitan do ‘cheque social’ que entrega o Concello e o retraso no pago da Renda de Integración Social de Galicia (Risga) que, aseguran, pode chegar a demorarse ate 11 meses. Ademáis, a acampada serve para esixir a reapertura do local de ‘Sereos’ e para que se reduzan as listas de espera na cidade.

Persoas cobrando as axudas do Concello, este martes/Tresyuno Comunicación

Mentres a acampada continúa, este martes o alcalde asegurou que “Vigo é a cidade do Estado que máis orzamento ten en Benestar Social e subliñou que , cada día desta semana, 150 familias están cobrando as axudas para pago de aluguer e hipoteca, “que vai evitar que 1.000 familias sexas desafiuzadas”, gas e electricidade e compra de alimentos, “das que vanse beneficiar 1.253 fogares”.

Abel Caballero engadiu que a esas cantidades hai que sumar “as axudas de emerxencia que chegan a 100 familias cada semana”; as aportacións do Concello aos comedores sociais, as axudas a mulleres maltratadas, “as cantidades en infancia e xuventude”, como os comedores escolares e becas para a compra de libros, e “o albergue” que, en conxunto, superan os 5 millóns de euros anuais.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.