Galicia

Os 500 traballadores da Deputación de Lugo cobrarán, este mes, a ‘extra’ de decembro de 2012

O presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro/Tresyuno Comunicación

A xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobou aboar a totalidade da paga extra de 2012- un total de 44 días- nas nóminas deste mes a os preto de 500 funcionarios e traballadores provinciais.

A Deputación ten como obxectivo “conseguir que a principios de 2015, os 487 traballadores da Deputación recuperaran a totalidade da paga extra de decembro de 2012 suprimida polos recortes do Partido Popular”.

Ademáis, o organismo presidido por José Ramón Gómez Besteiro tamén acordou o inicio “dun proxecto pioneiro entre as deputacións de Galicia e do Estado para aumentar a transparencia provincial e dos concellos da provincia”: a creación dun portal dixital con toda a información da Deputación de Lugo.

 

También te puede interesar