RGPD - Cookies
Cultura

¡Viva San Froilán!

As festas máis populares de Galicia, o San Froilán, encherán dende hoxe e ate o 12 deste mes a cidade de Lugo, na que agardan a visita de máis de 500.000 persoas que poderán disfrutar de preto de 250 actos organizados na cidade da muralla.

As festas, declaradas de ‘Interese turístico Estatal’, empezarán co pregón- este sábado ao mediodía- que este ano leerá, dende o balcón do Concello o xornalista Pedro Revaldería. Unha hora antes, na Praza Maior, haberá unha  ‘parada’ de gando vacuno.

Lucía Pérez, Sés, Ara Malikian, Galaecia Big Band, En Clave de Fado e a Orquesta Boa Vista Social Club, son algún dos artistas que desfilarán polo San Froilán 2014, con actuacións que se celebrarán na Praza do Seminario e na Praza de Santa María.

Á o atractivo festivo do San Froilán súmase o seu valor turístico-non hai que esquecer que parte de Lugo é Patrimonio da Humanidade- e histórico, xa que estas festas teñén máis de dos séculos e medio de historia.

Por suposto, a eles súmase a tentación gastronómica, representado no polbo, unha das tradicións máis antigas de Galicia, como a de ir a xantar ás casetas nas que, dacordo cos datos facilitados dende o concello, serviranse máis de 250.000 quilos –ainda que non hai un dato certo á marxe de que o polbo en Lugo sabe mellor que en ningún outro lugar-para disfrute dos asistentes quenes, ademáis, non poden deixar de moverse pola cidade, abrazar a Pelúdez –que xa pasa dos 107 anos- probar o algodón de azúcar, ir ás barracas, subirse nos cabalinos, ou nos coches de choque, probar sorte na tómbola, aproveitar para mercar nos centos de postos e, por suposto, non deixar de ir de viños polo casco vello.

 

También te puede interesar