Vigo al día

Vigo acollerá a ´Matanza´, unha obra a cargo da compañía Triatreros, o 10 de outubro

Imaxe do Facebook de Matanza de Roberto Salgueiro

O próximo venres, 10 de outubro, chega a Vigo o espectáculo teatral Matanza da compañía Triatreros, será ás 9 da noite no Auditorio Municipal do Concello. Cun prezo de 8€, a obra inclúese na programación municipal de artes escénicas, ‘Vigocultura’, que presenta un variado repertorio de actuacións musicais, danza e teatro, dende outubro ata decembro.

Como explica a sinopse, Matanza é unha comedia visceral apousentada nun drama existencialista. Esta peza de corte contemporáneo preséntanos dous porcos xusto antes de ser acoitelados polo matachín. Na realidade da obra, estes porcos falan e senten como calquera de nós, e ademáis, son irmáns que tomaron camiños antitéticos nas suas vidas e que agora teñen que compartir as súas derradeiras horas de vida.

Con 65 minutos de duración, o autor de Matanza, Roberto Salgueiro, conta coa participación dos actores, Omar Ferrín, Tone Martínez e Celia González. O público pode adquirir a entrada no despacho de billetes do Auditorio, unha hora antes do comezo da sesión; en venta anticipada en servinova.com; no número telefónico, 902.504.500; ou na Central de Espectáculos, situada en Velázquez Moreno nº26.

 

También te puede interesar