Deportes

O Porriño prepárase para a V Carreira Urbana

Con motivo das Festas do Cristo en Porriño, o concello en colaboración co Club Atletismo Porriño, organiza a V Carreira Urbana, o venres 3 de outubro. Cun percorrido de 100 a 1.609 metros, os deportistas poderán participar a partires dos 5 anos. Haberá trofeos para os tres primeiros de cada modalidade, e premios en metálico na Carreira Absoluta, ata os 100 €.

Nas categorías, Carreira Popular e a Carreira Elite, os interesados pódense anotar vía online, ata o martes 30 de setembro ás 23:59 horas, no Club Atletismo Porriño. Nas modalidades menores, non existe formulario, basta con que os interesados se presenten no momento do comezo das probas. A totalidade das categorías son de inscrición gratuíta.

 

También te puede interesar