A Oficina de Dereitos Sociais de Coia califica de «desfeita» a nova Renda de Integración Social da Xunta

Segundo denuncia a Oficina de Dereitos Sociais de Coia, maila a que 1 de xaneiro deste ano entrou en vigor unha nova lei de Renda de integración social de Galicia (RISGA), a Xunta superou o prazo máximo de 6 meses para ter o decreto que desenvolva a lei e “mentres as de sempre sufrimos as consecuencias dunha lei moi condicionada pola escaseza de orzamento».

Neste tempo, sinala esta asociación, a indeterminación, a interpretación restritiva da lei e o «non hai cartos» son os argumentos do Goberno galego para xustificar os retrasos e a falla de determinadas perestacións.

Entre elas poñe coma exemplo  a non aplicación do complemento de alugamento: a disposición final segunda da lei que entrou en vigor o 1 de xaneiro establece que os tramos de inserción e transición ao emprego non se aplicarán ata a aprobación do decreto. Outra cosa é o complemento de alugamento.

“Malia que a lei fixa que os tramos e contías de dito complemento desenvolveranse no decreto, non é menos certo que a disposición transitoria cuarta establece que mentres non estea, este complemento tería unha contía máxima de 53 €, polo que a día de hoxe podemos exixir o seu pagamento de cumpriren os requisitos”.

Todo isto, lembra a Oficina, é de aplicación para as persoas que presentaran as solicitudes de RISGA no 2014 , “ás que se lles aplica a nova lei”, aquelas persoas que entregaran a solicitude antes do 1 de xaneiro de 2014, ao igual que as que xa estiveran cobrando, comezarán coas contías e baremos fixados na nova lei no ano 2015.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.