A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto convoca parta este domingo, ás 12 e media, en Santiago, Ferrol, A Coruña, Ourense, e Vigo, un acto reivindicativo, coincidindo co Día internacional dos dereitos sexuais e reprodutivos.
En Vigo será na explanada do mercado de Bouzas, para deixar craro ao Goberno que “continúa en pé de guerra», porque reivindica que o aborto «estea fóra do Código Penal» e, ademáis,que «sexa seguro e na sanidade pública».
O colectivo subliña que, maila a paralización da reforma do aborto e a demisión de Gallardón, «non está todo gañado» xa que «seguen atacando a liberdade e a dignidade das mulleres», como os dereitos das menores de 18 anos que son «limitados por decisión dos seus pais».
A plataforma reivindica a «soberanía das mulleres sobre os seus corpos e o dereito a decidir por si mesmas».
