Galicia

O luns empezan os traballos xeolóxicos para o desdobre do Corredor do Morrazo

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas empezará o vindeiro luns os traballos xeotécnicos que definirán as estructuras necesarias para o desdobre do Corredor de O Morrazo. Os mesmos son necesarios para a redación do proxecto e faranse nas beiras do Corredor e nas estradas que están preto do tramo III- dende o enlace da Fraga e o de Cangas-.

Estas tareas permitirán definir a tipoloxía das cimentacións e realizar as estructuras previstas. A empresa adxudicataria da redación do proxecto fará máis de 70 probas para o recoñecemento da profundidade do terreo e a capacidade do subsolo.

A consellería advirte que algunhas das propeccións afectarán ao tráfico, no propio Corredor e noutras estradas, ainda que non haberá peches no vial.

A Xunta subliña que, hoxe, están en redación tres proxectos constructivos para os tres tramos do desdobre e nos que investironse x amáis dun millón de euros.

 

También te puede interesar