Cultura

A escritora Nélida Piñón, nova incorporación na Real Academia Galega

A escritora, Nélida Piñón. Imaxe: record.com.br

Naceu no 1937 en Río de Janeiro (Brasil), e con 77 anos, Nélida Piñón Cuiñas, ingresa como académica de honor na Real Academia Galega (RAG). A escritora abordou no seu discurso de entrada, A épica do coração.

Nélida Piñon, licenciada en Xornalismo, pola Facultade de Filosofía en Brasil, logrou ser a primeira muller presidenta da Academia Brasileña de Letras, en 1996. Neta de emigrantes galegos, e filla de galegos procedentes de Cotobade e Carballedo (Pontevedra), recibiu multitude de galardóns nos seus 35 anos, no mundo da escrita a nivel internacional, véase o Premio Príncipe de Asturias das Letras, no 2005.

A escritora, é unha intelectual que se posiciona a favor da cultura e da lingua galega, participando en manifestacións culturais en Galicia e creando obras, como A República dos Soños, relacionada coa literatura da emigración, premiada polo público e a crítica.

 

También te puede interesar