RGPD - Cookies
Sucesos

A Policía Nacional localiza en Vigo a unha rapaza que fuxiu dun centro de menores de Rábade

Axentes da Policía Nacional de Vigo localizaron unha menor de 16 anos de idade que se fuxira a pasada fin de semana dun centro do concello lucende de Rábade. Segundo informa a Comisaría da cidade, os axentes viron á rapaza, a pasada madrugada, sentada  nun banco da Praza de Fernando El Católico. Cando os policías se achegaron a menor tratou de fuxir pero foi interceptada.

Ao principio dixo que estaba de vacacións na casa dunha amiga e que deixará alí a documentación, pero os axentes fixeron varias comprobacións e confirmaron que a menor fuxira do centro aproveitando un permiso a fin de semana.

Tras poñerse en contacto co centro para xestionar o traslado, a Policía deu con ta dos feitos en á Fiscalía de Menores.

 

También te puede interesar