Vigo al minuto

Alertan de que Citroën Vigo precisa fabricar dous novos modelos para evitar despidos

Citroën Vigo/Tresyuno Comunicación

O representante de UGT na planta de Citroën alertou este venres, durante unha xuntanza con traballadores no Auditorio, que a fábrica ten que recibir o encargo de facerse con dous modelos para manter o emprego e non desbotou, axiña, un novo Expediente de Regulamento de Emprego (ERE).

Ainda que Rubén  Pérez recoñeceu que PSA Vigo montará a nova furgoneta K-9, advertiu que non sería suficiente e que precisa ocuparse doutro modelo máis, algo que, na súa opinión, non será antes de 2 ou 3 anos.

Por iso, salientou “pasaremos por dificultades e esos anos haberá axuste”. Na súa opinión, indicou que “esgótase recurrir á aventualidade e as quendas variables” e que iso fará, que “nos vindeiros meses” haxa que negociar un novo ERE “suspensivo”.

Pérez afirmou que, dacordo cos seus cálculos, Citroën precisa producir 430.000 vehículos anuais e, “logo da baixada da demanda”, este ano rematará con preto de 380.000.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.