RGPD - Cookies
Nacional

Os emigrantes retornados non terán que pagar a Facenda multas e intereses polas pensións que cobren do estranxeiro

Eso é:son emigrantes, non defraudadores/Tresyuno Comunicación

O Ministerio de Facenda devolverá uns 20 millóns de euros, en concepto de multas e intereses aos emigrantes retiornados logo de que regularicen a tributación da súa pensión. O ministro Montoro fixo este anuncio na resposta a unha pregunta da deputada do BNG Olaia Fernández, este mércores na sesión de control ao Goberno.

Montoro lembrou que xa está lista a regularización extraordinaria para los residentes no Estado que cobran pensiones do estranxeiro e para pensionistas estranxeiros que viven no Estado.

Si se acollen a esta regularización, vixente entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2015, pagarán a cuota do Imposto da Renda pola súa pensión, pero non as multas, intereses e recargos por non ter liquidado o IRPF nos anos anteriores.

Aqueles que regularizaron a súa situación, Facenda lles fará un ingreso polo importe das sancións e intereses de demora que pagaron.

 

También te puede interesar