Galicia

Sábado con nubes e choiva

Galicia estará este sábado baixo a influencia dunha borrasca situada no Oeste que, como os días pasados, traerá inestabilidade e ceos cubertos, con choiva, sobre todo pola tarde, especialmente no leste.

Segundo a previsión de MeteoGalicia, as temperaturas non cambiarán ou subirán algo. Por cidades, en Ourense chegarán aos 29 graos, 28 en Ferrol Lugo e Vigo –cunha mínima de 19; as mínimas descenderán ata os 16º en Lugo e Ferrol.

 

También te puede interesar