Deportes

Non o esquezas, xa está aberta a inscrición para o Duatlón de Porriño

Ata o martes 16 de Setembro, o deportistas poden anotarse ao II Duatlón Concello de Porriño. A proba Sprint, que comeza ás 17:00 horas do sábado 20 de setembro, consta dun primeiro tramo a pé de 5 km, seguido de 20 km en bicicleta e por último, unha carreira a pé de 2,5 km. Unha hora antes, será o turno das carreiras de alevins, benxamíns e infantís.

Os interesados deben anotarse de forma on-line, a través da páxina web da Federación Galega de Triatlón, no apartado Competicións/Inscricións. O prezo é de 6 euros para os participantes con licenza federativa, e 18 euros para os restantes corredores.

O evento deportivo está organizado coa Federación Gallega de Triatlón (FEGATRI), que colaborou na segunda edición do Duatlón Concello de Porriño.

 

También te puede interesar