Cultura

O Apocalipse Zombie fará temblar a Vigo

Os interesados en recrear unha experiencia baseada nun Apocalipse Zombie están de noraboa. Os decididos a involucrarse na aventura poderán escoller entre participar como xogador de rol en vivo ou como figurante, na cita que terá lugar o venres 22 de agosto en Vigo. Os requisitos, superar os 13 anos e non traspasar os 35.

A Asociación Cancerbero xunto con Súbete ó Castro presentan varias vías para poder inscribirse, o teléfono de contacto é o 986 48 55 41, e o correo electrónico [email protected]. Para calquera dúbida pódese consultar a súa páxina de Facebook.

Nos próximos días convócanse diversos eventos como a Kedada Otaku o 29 de agosto, con torneos de videoxogos, exhibición Jugger, softcombat, e xincanas; ou os cursos de Street Fitnes cada venres de mes, para disfrutar do deporte ao aire libre.

 

También te puede interesar