Ciencia y Tecnología

Atrapados 3.000 exemplares de avespa asasina no que vai de ano

3.000 exemplares de avespa ‘asasina’ -avespa asiática – foron atrapadas en trampas en Galicia dende a activación por parte da Xunta do protocolo previsto para este tipo de situacións, ao atoparse incluída no catálogo de especies invasoras.

Así o indicou este xoves en declaracións aos medios de comunicación a directora xeral de Produción Agropecuaria antes de reunirse con representantes da Asociación Galega de Apicultores, en Compostela.

Patricia Ulloa cifrou en 270 os avisos atendidos tras a posta en marcha do protocolo, no primeiro trimestre deste ano, e fixou en 139 os niños retirados. A diferenza entre ambas as dúas cifras, explicou, débese a que «ás veces esta especie é difícil de distinguir da autóctona, malia ser máis grande e de cores vivos, amarelos e negros”.

A directora xeral tranquilizou á poboación, asegurando que esta avespa -que chegou de Asia pasando por Navarra e que se localiza fundamentalmente en puntos da Mariña de Lugo (como Cervo e O Valadouro) e do Val Miñor (Baiona, Gondomar)- «non provoca ningún prexuízo para a saúde humana» á marxe do que pode xerar, igualmente, unha avespa común para un alérxico. Ademais, subliñou, o Goberno galego non ten constancia de ningún caso de perdas causadas a apicultores por esta especie, por ataques a colmeas.

Esta avespa ten apetencia polas abellas, e ese é, segundo recoñeceu Ulloa, «o principal problema» da súa expansión por Galicia, motivo polo que se activou o protocolo de actuación, que está funcionado, ao seu xuízo, «con éxito».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.