Deportes Vigo al minuto

Celta e Depor, no primeiro ‘derby’ da tempada, este mércores en Pasarón

Os 13.000 asentos do campo de Pasarón estarán ocupados para acoller o I Trofeo Federación Galega – que retransmite a TVG ás 9 e media da noite deste mércores- a prol do fútbol base galego, e que enfrontará ao Celta e ao Deportivo, no que será o primeiro ‘derby’ da tempada.

A Federación Galega agarda chegar aos 100.000 € para repartir entre os clubes modestos, ainda que a atención está neste choque entre os dous equipos galegos de Primeira, apenas un mes antes de que se midan na Liga-  na 5ª xornada o martes 23 de setembro en Balaídos-.

Ambos clubes, a Federación e a Deputación de Pontevedra, organizadora do partido, pediron aos seareiros para que a cita sexa unha festa do fútbol galego, que non haxa altercados e que a rivalidade quede no campo.

Víctor Fernández, que adestrou o Celta entre 1998 e 2002, terá as baixas de Manuel Pablo, Lucas Pérez e Salomao, que se recupera dunha loga lesión de xeonllo. Berizzo, que a fin de semana terá a última proba no Memorial Quinocho fronte ao Cagliari italiano, non contará con Augusto e Nemanja Radoja, recén chegados, nin con Jota Peleteiro e Pablo Hernández.

As alineacións poderían ser: polo Celta: Sergio; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Planas; Borja Fernández, Krohn-Dehli, Álex López; Orellana, Nolito e Larrivey; e polo Deportivo: Lux; Laure, Lopo, Pablo Insua, Canella; Wilk, Juan Domínguez; Cuenca, Fariña, Cavaleiro; e Toché. O árbitro será  o galego Ignacio Iglesias Villanueva.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.