O voceiro de Sanidade do PP afirma que Galicia, “maila crise” aguantou un sistema “universal e de calidade”

O voceiro de Sanidade do Partido Popular no Parlamento de Galicia asegurou este luns que, “malia a crise”, Galicia “aguantou un sistema de cobertura universal e de calidade” sen ter que implantar copagamentos asistenciais”, a pesar de “tódalas ameazas que estaban enriba da mesa”.

Miguel Santalices, subliñou que a crise, que “azoutou fortemente”, tampouco impediu que Galicia “desenvolvese e apostase pola mellora das súas infraestruturas sanitarias e o reforzo dos seus equipos”.

En relación coas listas de espera, Santalices recordou que, segundo os últimos datos, os enfermos de prioridade 1 esperan “menos de 19 días” e, para unha consulta, os pacientes esperan “menos de 39”.

Por iso, o deputado popular cualificou a xestión dos recursos como “eficiente” debido ao “grande esforzo dos profesionais, xa que foron eles os que levaron a cabo esta importante xestión”.

O deputado popular mencionou “algúns datos interesantes” recollidos no último informe do Barómetro Sanitario. Nesta materia, subliñou que o 77% dos galegos puntúa como “ben ou moi ben” o funcionamento do sistema sanitario, “por detrás de Navarra e Asturias”.

 

También te puede interesar