A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, declarou este sábado que é «unha das alternativas viables» retirarlle a concesión da AP-9 a Audasa por estar na Lei de concesións.
Ethel Vázquez subliñou, en declaracións aos xornalistas, que a autoestrada do Atlántico, que considera unha «infraestrutura troncal en Galicia», é competencia do Ministerio de Fomento e agradeceu o «traballo que está a facer o ministerio, porque a ministra xa mandou inspectores, abriu un expediente e mandou unha mensaxe clara, unha mensaxe que pode resolver a concesión».
A conselleira asegurou que o Goberno galego fará «todo o que estea nas súas mans e na lei», para «garantir o servizo aos cidadáns».
