Galicia

Dúas persoas afectadas pola toxina amnésica logo de comprar mexilóns fora dos lugares autorizados

O peixe e o marisco non pode comprarse fora dos lugares autorizados

Galicia rexistrou a primeira intoxicación por biotoxina amnésica (ASP) debido ao consumo de mexillón adquirido fóra das canles legais. Segundo a Consellería do Mar, a finais de xullo comunicouse, dende un hospital galego a existencia de dous casos de intoxicación pola devandita toxina con síntomas como confusión e perda de memoria de curta duración.

Os mexilóns estaban nunha paella, o cal incrementa o risco de intoxicación dado que a ASP pasa ao arroz, como outras toxinas, entre elas a PSP que é paralizante.

Os afectados explicaron que compraron os mexillóns directamente a una persoa á que non identificaron, polo que se descoñece a zona exacta de producción, ainda que a información que ten a consellería indica que os mesmos proceden dunha zona da Ría de Arousa, e que cando se compraron- en xuño- varios polígonos da mesma estaban afectados pola ASP.

As consellerías de Sanidade e do Mar advirten aos cidadáns de que non compren peixe e marisco fora dos establecementos autorizados que son os únicos que garanten que os productos se extraen dacordo coas normas sanitarias e son aptos para o consumo.

Mar informa do estado das zonas de produción de moluscos a través da páxina web do Instituto Tecnolóxico para ou Control do Medio Mariño (Intecmar).

Coa información das analíticas realizadas actualízase dúas veces ao día un informe de estado de situación de zonas que mostra se a zona está aberta ou pechada. Toda a información é pública e pendúrese a tempo real na web do Intecmar. Ademais, en canto hai unha nova resolución envíanse, axiña, avisos ás asociacións de produtores, depuradores e transformadores e ás autoridades sanitarias.

 

You may also like