Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

Denuncian emisión de gas fluorídrico procedente da nova depuradora, en Coruxo

Esquerda Unida de Vigo denuncia o “oscurantismo sobre as emisións de gas fluorídrico nas vivendas colindantes ás obras da nova depuradora de Coruxo e verquidos nas praias” e ven de pedir ao Concello que exisa ao Ministerio de Fomento, Augas de Galicia e a UTE que realiza as mesmas, a colocación de controladores deste perigoso gas nas vivendas que rodean as obras e denuncia que existen riscos evidentes de emisións deste gas letal en ambientes pechados.

EU ten constancia do desaloxo dunha familia por altas concentracións deste gas medido pola propia empresa constructora e dubida dos procedementos de seguridade nas obras da nova depuradora.

O coordinador local de EU  xa empezou a tomar contactos con delegados sindicais de empresas colindantes para solicitar garantías de que «están sendo cumplidos os criterios da Lei de Prevencion de Riscos Laborais e se na planta existen detectores fixos ou portátiles de gas sulfídrico, metano e outros gases e dos riscos que corren os traballadores da planta e das empresas colindantes que non teñen sido informados dende o inicio das obras”.

Do mesmo xeito Rubén Pérez esixe claridade sobre o tipo de verquido que obrigou a pechar ao baño a praia da Calzoa en Coruxo colindante á desembocadura do Lagares donde se está a colocar o emisario submarino e, este venres, obrigou a colocar balizas anticontaminación no medio da ría.

Pérez, acompañado de veciños e veciñas da zona, visitou as inmediacións das obras comprobando a persistencia de olores e os propios carteis colocados pola policía local para recomendar non bañarse na praia.

Esquerda Unida de Vigo sigue defendendo que a nova depuradora, e a actual fase de obras, está vulnerando varias normativas comunitarias, especialmente na Directiva Marco da auga 2000/60/CE, a Directiva 91/271/CEE relativa ao tratamento de augas residuais urbanas, a Directiva 2006/77/CE relativa á xestión da calidade das augas de baño, a Directiva 96/61/CE relativa á prevención e control integrados da contaminación, a Directiva 79/923/CE sobre a calidade esixida ás augas para a cría de moluscos, a Directiva 92/43/CEE (Hábitats) e a Directiva 2006/11/CE relativa á contaminación causada por determinadas sustancias perigosas vertidas no medio acuático.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.