Nove barcos galegos deberán abandonar as augas de Mauritania tras rescindir o acordo coa Comisión Europea, segundo informou a conselleira do Medio Rural e do Mar. Entre os buques afectados atópanse cinco de palangre de fondo, dous de palangre de superficie e dous de demersales.
Mauritania decidiu que todos os barcos que levasen 24 meses traballando no caladero “tiñan o acordo saldado”. Así, o país africano pedía 28 millóns de euros como contraprestación para que puidesen traballar ata o 15 de decembro, cantidade que a Unión Europea “non ten presupostada nin dispón de tela”.
A conselleira engadiu que a cantidade que hai que pagar para acceder a unha explotación debe de compensar aos rendementos que se obteñen na actividade pesqueira, polo tanto, acordouse que os barcos que leven 24 meses faenando teñen que “abandonar hoxe o caladero”, e os outros poden continuar ata o 15 de decembro.