Comarcas

Denuncian o abandono por parte do goberno local de As Neves das vías, beirarrúas, parques e xardín e a piscina municipal

Estado dunha das dependencias da piscina municipal/Foto: BNG As Neves

O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego en As Neves, denunciou, durante o Pleno do Concello a “lamentable estado” no que se atopan varios parques e xardíns, vías, beirarrúas e infraestructiras municipais.

Os concelleiros do Bloque salientaron o feito de que este abandono coincida coa época estival,na que As Neves debería ser atrativa para os turistas que se achegan ata aquí” e que coincide coa celebración de diversas festas, coma a recente Festa do Viño das Rías Baixas, a de Santa Marta ou San Nomedio.

Este días, salientaron, os visitantes que atoparon os devanditos parques e xardíns descoidados, o mesmo que a maioría das parroquias e acesos en mal estado, “comos os de As Neves e San Xosé, onde se celebra Santa Marta que presentan un aspecto, cando menos, moi mellorable”.

Os nacionalistas denuncian que “as beirarrúas son intrasitables polo seu diseño, o seu estado e a falta de control dos estacionamentos”, ademáis, advertiron ao alcalde, que as pistas, en tódalas parroquias, “están cheas de baches” e non se pode nin circular.

Os concelleiros constataron que o goberno local non aprobou nin un plan de limpeza viaria, nin de prevención de incendios, “ven entrado o verán”, nin de mantemento de edificios e infraestructuras locais, como a piscina “que amosa unha situación que é ata perigosa para os usuarios”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.